Libro-Libre
Os relatos e os versos están fondamente ligados á capacidade de compartir experiencias.
Libro-Libre ten unha tradición moi arraigada, o boca en boca polo que durante séculos se transmitiron a literatura e o coñecemento. Verbas liberadas a cada pronuncia, verbas que emprenderon camiños insospeitados para aqueles que unha vez as cantaron.
Libro-Libre é o espello galego de BookCrossing, unha rede internacional de libros compartidos. Liberar un libro nesta rede é reintroducir a palabra na experiencia compartida e ilimitada do mundo. Un libro rexistrado en libro-libre.org está listo para a aventura. Déixao nun parque, nun café, no ximnasio, nun hotel, nunha estación... e segue en libro-libre.org a súa viaxe, de persoa a persoa, de vila a vila, de país a país...
Únete a Libro-Libre e axuda a facer do mundo enteiro unha biblioteca!
|